羅氏鮮是一種膠囊減肥藥,抑制脂肪酶分解脂肪,阻斷吸收,就會排出三分之一,可能會出現油屁的情況,購買網址https://www.xenicalxshop.com/

8M 2021 en Compostela

Viva a loita feminista!

“A Arte de vivir”

O parto e nacemento, motivo de creación social e artística.

9 de marzo en Redondela; Xornadas online. Estaremos presentes no debate «Desde o parto e crianza; Construír Igualdade, redes e novas realidades».

CONCENTRACIÓN MARTES 25 ÁS 18H. NA PRAZA 8 DE MARZO EN COMPOSTELA!

Convocamos unha concentración contra a violencia vicaria, que é a violencia exercida polos maltratadores a través das crianzas para danar (aínda máis) ás nais.

Berramos por nós e polas nosas crianzas, silenciadas sempre no sistema patriarcal e capitalista no que non contan nunca.

Unídevos, agardámosvos mañá ás 18h. na praza 8 de marzo

Algúns proxectos e campañas

Son tempos difíciles. As nosas vidas mudaron de súpeto dunha forma que nunca imaxináramos. O noso activismo tamén.

Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan ás mulleres na maternidade e ás súas crianzas.

A arquitectura e o urbanismo deberían ter presente a perspectiva feminista para dar collida ás diferentes necesidades de todas as persoas que conforman a comunidade.

Quén somos?

MATERFEM, Maternidades Feministas Galegas, é unha asociación formada por mulleres nais de crianzas de idade diversa, desde bebés até adult@s, fundada na comarca de Santiago de Compostela e que na actualidade ten alcance nacional.

Comezamos no 2018 a reunirnos na Libraría Lila de Lilith para debater nun espazo non mixto, horizontal e aberto sobre a maternidade como feito social, económico e político (alén de íntimo), desde unha perspectiva feminista.

Despois dun ano de varias accións de visibilización dos coidados, atopámonos coa necesidade ir mái aló no activismo e por iso estamos traballando en varios proxectos que procuran visibilizar as violencias cotiás contra a maternidade, facilitar ás mulleres e as súas crianzas un espazo permanente de coidados e promover o debate na cidadanía sobre o lugar que ocupa a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos.

Mulleres e crianzas estamos lonxe de encaixar neste modelo produtivo, precisamos cambiar dunha vez o que nos esgota e afoga con falsas promesas de conciliación.  

Porque maternar é político.

Porque queremos un mundo máis humano baseado no coidado e a sostibilidade en lugar de no consumo e na competencia.

Síguenos

Contacta con nós

15 + 9 =